OX·IA Agency · para axencias e freelance

Ofrécelles aos teus clientes o chatbot con IA que responde coa información da súa web, reserva citas e capta contactos. Ti xestiónalo todo desde unha conta; cada cliente entra no seu panel e ve só o seu.

  • Marca branca incluída
  • Mensual, sen permanencia
  • Unha soa factura

Todo o de Quantum, o noso plan máis completo, e ademais o que unha axencia necesita para traballar con varios clientes.

Cada cliente, o seu panel

Creas unha empresa cliente, dáslle os seus asistentes e invitas a quen a administra. Entra e ve só o seu: as súas conversas, os seus contactos, as súas citas.

Marca branca

O teu logotipo, o teu nome e a túa cor no panel dos teus clientes, nos correos que reciben e no chat. Ti decides canto se ve de OX·IA: nada, ou «coa tecnoloxía de OX·IA».

Ti pos o prezo

Nós facturámosche a ti, unha soa vez ao mes (ou ao ano). Aos teus clientes cóbraslles o que queiras, como queiras: eles nunca ven plans nin facturas de OX·IA.

Límites por cliente

Mensaxes, páxinas, persoas e asistentes da bolsa común: a cada cliente dáslle o que contrata contigo, e entre todos nunca suman máis do que tes.

Informes para amosar

As estatísticas completas con IA de Quantum, en PDF e por correo. Cada cliente programa o seu propio informe, e chégalle coa túa marca.

Webs de clientes en WordPress

Co plugin gratuíto, cada web conéctase nun clic, sen tocar código, e o asistente aprende cada páxina que publican.

10asistentes na cota base
20.000mensaxes ao mes para repartir
18 €cada asistente máis, sen límite
1factura ao mes, para ti

  1. 1

    Crea a túa conta

    Co teu correo electrónico ou con Google, nun minuto.

  2. 2

    Contrata Agency en Plan

    Escolles cantos asistentes e paquetes queres e pagas con tarxeta. Mensual e sen permanencia.

  3. 3

    Crea as túas empresas cliente

    En Equipo › Empresas cliente: nome, límites e os seus asistentes.

  4. 4

    Invita a cada cliente

    Chégalle a invitación e, ao entrar, ve só o seu. Quen o administra invita a súa xente.

Ao mes, sen IVE. Ao ano, 2 meses gratis. Sen permanencia: amplíalo desde o panel cando queiras.

Cota base10 asistentes · 20.000 mensaxes ao mes · 10.000 páxinas · 600 min de voz · 30 persoas199,00 €
Asistente extra+1 asistente con 1.000 mensaxes, 500 páxinas, 60 minutos de voz e 3 persoas máis18,00 €
Máis mensaxes+5.000 ao mes29,00 €
Máis páxinas+2.00019,00 €
Máis persoas+10 no equipo25,00 €

Inclúe todo o de Quantum: estatísticas completas con IA, documentos, historial de 2 anos e marca branca.

Calcula o teu plan

Cota base199,00 €/mes10 asistentes · 20.000 mensaxes ao mes · 10.000 páxinas · 600 minutos de voz · 30 persoas do equipo
Asistentes extra18,00 €/mes cada un · con 1.000 mensaxes, 500 páxinas, 60 minutos de voz e 3 persoas máis
0
Máis mensaxes+5.000 ao mes por 29,00 €/mes
0
Máis páxinas+2.000 por 19,00 €/mes
0
Máis persoas do equipo+10 por 25,00 €/mes
0

199,00 € ao mes + IVE · 10 asistentes, 20.000 mensaxes ao mes, 10.000 páxinas e 30 persoas

Comezar con 199,00 € ao mes

Se lle cobras a cada cliente 39 € ao mes polo seu asistente, con 20 clientes ingresas 780 € ao mes. O teu plan Agency para 20 asistentes custa 379,00 € + IVE.

O prezo para os teus clientes decídelo ti; 39 € é só un exemplo.

¿Que inclúe o plan Agency?

Todo o de Quantum, marca branca incluída, e as empresas cliente co seu propio acceso ao panel. A cota base, 199,00 € ao mes + IVE, trae 10 asistentes, 20.000 mensaxes ao mes, 10.000 páxinas, 600 minutos de conversa por voz e 30 persoas do equipo, todo para repartir entre os teus clientes.

¿E se teño máis de 10 clientes?

Cada asistente máis custa 18,00 € ao mes e trae 1.000 mensaxes, 500 páxinas, 60 minutos de conversa por voz e 3 persoas do equipo máis. Se che fai falta máis de algo en concreto, hai paquetes: +5.000 mensaxes por 29,00 €, +2.000 páxinas por 19,00 € e +10 persoas por 25,00 €.

¿Os meus clientes ven prezos ou facturas de OX·IA?

Non. As empresas cliente non teñen acceso a Plan e facturación: só ven os seus asistentes, as súas conversas, os seus contactos e as súas citas. A factura é túa e a eles cóbraslles ti.

¿Como o contrato?

Crea a túa conta e, no panel, vai a Plan e facturación › Configurar Agency. Escolles o tamaño, ves o prezo no momento e pagas con tarxeta. Podes pagalo ao mes ou ao ano, con 2 meses gratis. Se xa pagas un plan, o cambio é inmediato e só pagas a diferenza. Se prefires que cho preparemos nós, escríbenos a info@oxiabot.com.

¿Podo amplialo ou reducilo?

Amplíalo ti desde o panel cando queiras: o cambio é inmediato e pagas a parte proporcional ata a renovación. Para reducilo, escríbenos e axustámolo. Mensual ou anual, sen permanencia.

Crea a túa conta, contrata Agency desde Plan e dá de alta o teu primeiro cliente nuns minutos.

¿Prefires falar cunha persoa?

Chámanos e contámoscho, sen compromiso.